MondraMondra
LontreiraLontreira - Cool Nenas

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

O Desfile de Estrelas do coruñés barrio de Eirís, escoitou as primeiras muiñeiras tocadas por Xabier Díaz (A Coruña, 1969) nunha gaita que o seu melómano avó materno tivo a ben mercarlle cando a década dos 80 alborexaba. O instrumento converteuse nun vehículo que facilitou a chegada de Xabier a Xacarandaina, Rumbadeira, e sobre todo á descuberta dun mundo descoñecido, o da música que aínda naquela altura gardaban as aldeas, a descuberta da música de noso… Hoxe é un dos nomes propios da música de raíz galega. Formou parte do célebre cáseque mítico e xa extinto grupo Berrogüetto entre 2008 e 2014. Paralelamente, participou xunto a Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández no proxecto aCadaCanto, co que publicaron dous discos.

Naceu entón un compromiso esencial cos instrumentos de percusión de man, nos que se especializou e que son marca inconfundible da súa obra, nomeádamente a pandeireta, instrumento no que gañou un grande recoñecemento e prestixio.

Sucedéronse os premios e sobre todo o máis importante, o nacemento dunha nova formación xunto coas Adufeiras de Salitre coa que dende o ano 2014 foron deixando retrato do traballo feito en catro discos, The Tambourine Man (2015), Noró (2018), As Catedrais Silenciadas (2020) e Axúdame a sentir (2024). A banda leva unha cantidade de concertos que viaxa camino dos 400 e que deixou pegada en Bos Aires, Oslo, Lisboa, Alxer, Glasgow, Madrid, Bariloche, Colonia, Londres, Gotenburgo, Roterdam, Bruxelas ou Gante, por poner algún exemplos.

Os discos gañaron recoñecemento da crítica especializada e do público, cun destacado éxito de vendas e repercusión na World Music. As Catedrais Silenciadas estivo tres meses no Top Ten da WMCE e acadou o Premio Martín Codax na categoría de Música Tradicional no pasado 2020.

Sempre curioso, Xabier continúa buscando novas formas para darlle novas vidas a aquelas músicas que bateron no peito de aquel mozo que plantou a arquitectura polo amor á ferreña.

MondraMondra
LontreiraLontreira - Cool Nenas