Mondra
Mondra estrea o seu primeiro espectáculo, a FOLĪA das ARDENTES, en abril do 2023, dando inicio a unha xira de máis de trinta concertos ao longo de todo o territorio galego. Aclamado pola crítica, o espectáculo foi acollido por grandes festivais galegos como as Revenidas, o Festival da Luz ou o Agrocuir, ademais de facer abertura para o grupo Tanxugueiras no seu concerto fin de xira, ‘O Derradeiro Diluvio’, no Coliseum de A Coruña, en decembro de 2023.
A FOLĪA das ARDENTES é un espectáculo de gran formato que tende unha man á percusión tradicional galega e á electrónica, e outra ás danzas urbanas. O espectáculo, baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, abre unha porta á terra ARDENTE. Son ARDENTES Artur Puga e Julia Sánchez-Biezma, ás percusións; e Sabela Domínguez, Julia Laport, Jandros Rodríguez e Daniel Valde, na danza.
Na presentación do álbum ARDĒN, nas salas Capitol e Rebullón, Mondra esgotou todas as entradas días antes dos concertos. O espectáculo continuará en xira durante todo este ano 2024.