Para mercar bebida será preciso mercar tokens nas casetas de cambio.
Os tokens son a moeda oficial do festival, os tokens son múltiplos de 2€ e poderán mercarse en efectivo ou tarxeta.

Dentro do recinto do festival teremos casetas onde poderá mercar os tokens que só poderán empregarse nas barras do evento que sexan de explotación da entidade, tanto nas actividades
de día como nocturnas.

Nos foodtrucks externos e nos postos do mercado, o pago debe ser en metálico ou TPV. Nos postos de merchandising non serán admitidos tokens.

Os tokens non serán reembolsables en ningún momento. Non se admiten cambios nen devolucións.