Xoel López

Xoel López é sin dúbida un dos artistas musicais máis solventes e representativos da escena independente iberoamericana.

Tras máis de 20 anos de traxectoria musical, a música de Xoel López defínese polo xenuíno das súas paisaxes, cada disco é un exercicio de liberdade creativa e a vez un capítulo case biográfico. Seguindo a súa discografía podemos reconstruír o seu periplo: viaxes, descubrimentos, encontros, nostalxias e influencias musicais. Desde xoven que cantaba en inglés na coruñesa Elephant Band, pasando pola mítica e exitosa Deluxe ata ser recoñecido como Mellor Artista Nacional nos Premios da Música Independente de 2013 cantando no seu nome propio por primeira vez con Atlántico (Esmerarte, 2012).

Despois de Paramales (Esmerarte, 2015) veu a presentarnos a un Xoel sen prexuízos e enérxico “no que logra fusionar todas as súas aristas” (Juan Puchades, El País). Tamén máis eléctrico que no anterior e con un potente directo que se converteu nun espectáculo de alta intensidade cada un dos concertos da xira.

Sueños y Pan é para este artista libre a última peza desta triloxía na que tras perder todos os complexos musicales nos amosa a un Xoel maduro, que en directo, fai vibrar a un público multixeracional.

O seu novo disco: Si mi rayo te alcanzara (Sony Music Spain con licencia de Esmerarte), publicado o 27 de novembro de 2020, é o número 15 da súa carreira. Nel cede por primeira vez aos mandos da producción, da que se ocupou Carles Campi Campón.

10 cortes esenciales con presenza na pequena pantalla da man de La espina de la flor en tu costado, canción cabeceira da serie de Netflix: El desorden que dejas.

Un artista de altísimo nivel que consolida ao Festival das Carrilanas como unha oferta gratuíta da mellor música do país.