Venturi
Daniel Durán (voz e baixo), Lucas Olazabal e Xonás Batuecas (ambos guitarra e batería) son Venturi, un trío madrileño cheo de actitude e talento con referencias a grupos como Kasabian ou aos seus queridos The Strokes.
Eso sí, con un son propio e moi traballado: a súa obra caracterízase polos ritmos atípios, guitarras explosivas e unha voz con moito descaro. Da súa solvencia en directo dan fe quen os viron en festivais tan potentes como Bilbao BBK Live, FIB ou BIME, ou no seu inexquecible baño de multitudes na Plaza del Trigo do Sonorama.
Tralo seu debut, “Mi estúpida opinión” (Oso Polita, 2018), en febreiro do 2021 publicaron o EP “No puede ser peor”, rexistrado aos mandos de Carlos Hernández, un relato xeneracional que derá a súa continuación esta mesma primaveira.
Nas cinco cancións que o compoñen encontramos a madurez de un segundo trabajo, pero tamén a urxencia que nos fala dunha xeración que pelea por superar as limitacións impostas por dúas décadas de crisis.
