Terbutalina
Esta banda de Esteiro (Muros) ven a pasear o seu rock’n’roll por festivales como o Son do Camiño, Fuzzvile, Son Rías Baixas… lugares nos que compartiron cartaz con nomes como Siniestro Total ou Manu chao.
No 2014 acadaron o “Premio ao Mellor Álbum en Galego” nos “Premios da Música Independiente” co seu disco A MORTE.
No 2015 sacan AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, gravado por Tomás Ageitos nos estudios “A Ponte” e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics…).
Coa soa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra “Eroski-Paraíso” consiguen o “Premio María Casares 2047” a “Mellor Música Original”.
Agora volven, con un LP de dez coplas de rock’n’roll no que abanda vai desde o punk ao pop e desde o rock hasta a música tradicional galega. Gravado e producido nos estudios “A Ponte” por Tomás Ageitos, trátase dun traballo no que os de Esteiro transportannos a Costa da Morte, ao son atlántico con coplas cheas de retranca.
