Monoulious DOP
MondraMondra

Tanxugueiras

Tanxugueiras

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son Tanxugueiras, tres cantareiras para unha nova  década. Só elas son capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu empoderamento, a  súa contundencia e o seu virtuosismo  vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.

O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que xa as fixo triunfar en escenarios de varios países.

Aválanas éxitos como ‘Midas’, Figa’, ‘Averno’ (colaboración  con  Rayden), ‘Pano Corado’ ou ‘Terra’ (con máis de 23.000.000 escoitas nas plataformas dixitais), tema co que se alzaron como as favoritas do público no Benidorm Fest. Todas elas forman parte do seu novo disco, DILUVIO, publicado o 29 de xullo de 2022, e que presentan no potentísimo show da Xira Midas.

Son o son dun pobo internacionalizado. Son a cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun só. Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”.

Monoulious DOP
MondraMondra