Heredeiros da Crus
Heredeiros da Crus leva escribindo a historia do rock en galego desde fai exactamente 30 anos.
Os mesmos que leva en activo e durante os que segue a ser o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo cultural. Con dez álbumes no seu haber, Heredeiros son a sucesión de ondas que envorcan o barco e vólvenno a virar. Son o retorno constante á xenuidade xeracional que os converteu en autenticidade eterna e que trascende á toda evolución e a toda moda.
Despois de dous anos en dique seco, volven cargados de enerxía retomando un directo que repasa os seus grandes éxitos cunha posta en escena espectacular.
