Na seguinte ligazón poderá aceder directamente á ubicación dos concertos nocturnos no escenario Vibra Mahou.
Para chegar aos concertos da sesión vermut no escenario Vegalsa-Eroski, pica no seguinte enlace
O acceso ao festival é totalmente #DeBalde polo tanto non é preciso mercar ningún tipo de entrada.
Poderán acceder ao recinto todas as persoas que así o desexen ata completar aforo.
É importante destacar, que posuír tokens en calquera momento do festival, non garantiza a entrada no recinto. É dicir, debido ao aforo limitado, tan só se poderá acceder ao mesmo se hai
aforo dispoñible. No momento que unha persoa decide saír do perímetro delimitado, a reentrada non estará garantizada.
Os concertos nocturnos no escenario Vibra Mahou comezarán ás 21:00.
Os concertos da sesión vermú no escenario Vegalsa-Eroski comenzarán ás 12:00.
Para mercar bebida será preciso mercar tokens nas casetas de cambio.
Os tokens son a moeda oficial do festival, os tokens son múltiplos de 2€ e poderán mercarse en efectivo ou tarxeta.
Dentro do recinto do festival teremos casetas onde poderá mercar os tokens que só poderán empregarse nas barras do evento que sexan de explotación da entidade, tanto nas actividades
de día como nocturnas.
Nos foodtrucks externos e nos postos do mercado, o pago debe ser en metálico ou TPV. Nos postos de merchandising non serán admitidos tokens.
Os tokens non serán reembolsables en ningún momento. Non se admiten cambios nen devolucións.
Sí, os tokens serán válidos para ámbolos días do festival.
Os tokens poderán empregarse en todas as barras do evento que sexan de explotación da entidade, tanto nas actividades de día como nocturnas.
Nos foodtrucks externos e nos postos do mercado, o pago debe ser en metálico ou TPV.
Nos postos de merchandising non serán admitidos tokens.
Na casa das carrilanas poderás comprar camisetas, suadoiros e incluso camisetas de anteriores edicións.
Cómo chegar á casa das carrilanas ->
No recinto do festival tamén disporemos de un punto de venda durante os concertos. Poderás atopalo ao lado do posto de venda de tokens.
Na alameda de Esteiro, durante os concertos, teremos outro punto de venda.