O acceso ao festival é totalmente #DeBalde polo tanto non é preciso mercar ningún tipo de entrada.

Poderán acceder ao recinto todas as persoas que así o desexen ata completar aforo.

É importante destacar, que posuír tokens en calquera momento do festival, non garantiza a entrada no recinto. É dicir, debido ao aforo limitado, tan só se poderá acceder ao mesmo se hai
aforo dispoñible. No momento que unha persoa decide saír do perímetro delimitado, a reentrada non estará garantizada.