Pablo Balseiro empezou coa idade de 14 anos os seus primeiros flirteos na música. De aquela, xa escribía historias que pouco a pouco foron convertíndose en cancións.

Comenzou a compoñer e grabar maquetas cún multi-pistas na súa casa e foi precisamente por unha desas grabacións, a que lle fixo tocar como invitado na Sala Galileo Galilei de Madrid polo aniversario de Enrique Urquijo.

Fundou a súa primeira banda ao pouco tempo, Los guacamola, unha banda que fusionaba o Tex-Mex coa Rumba e na que compuxo moitos temas que máis tarde engadiría no seu disco en solitario.

Despois de abandoar o primeiro proxecto sigueu coa carreira musical en solitario, compaxinándoa con outros proxectos paralelos como Caravan, Radio Son, Los Cacahuates ou Contos Tirititraum.

En outubro do 2015 editou o seu primeiro traballo, “San Roque Pá” co nome de Pablo Balseiro & Los Cascarillas. Neste traballo colaboran moitos amigos e míticos artistas do panorama musical coruñés como Xurxo Souto, Sandra Calderón, Luis Tinaquero, Rubén Barros, Rafa Mississipi, Alex Fente, etc…

Pablo acumula 600 concertos desde o seu inicio.