Sobre nós
O Festival das Carrilanas é un evento musical organizado pola A.D.C. Esteirana de Carrilanas, onde se pretende dar a coñecer aos milleiros de persoas a mellor música do país.
O Festival conta cun recinto con capacidade para máis de 6000 persoas. A entrada ao recinto é #DeBalde.
Festival das Carrilanas
A A.D.C. Esteirana de Carrilanas nace no ano 1988 coa finalidade cultural de dar a coñecer e preservar as carrilanas, un xogo popular que foi pasando de xeración en xeración ata día de hoxe.
Nos máis de trinta anos de historia, a asociación promoveu a cultura popular da carrilana en todo o mundo a través das súas distintas formas, onde todo xira ao redor deste popular xoguete. Ao longo destes anos, a asociación recibeu innumerables recoñecementos e premios pola súa labor de dinamización da cultura galega.
Dende os seus inicios, a música sempre foi unha parte moi importante é diferenciadora da festa, a día de hoxe non se podería entender as carrilanas sen música. É por iso que dende a asociación, créase e impúlsase o “Festival das Carrilanas”, un espazo musical nado co fin de dar a coñercer e achegar a Esteiro a mellor música do país, sen olvidarnos das bandas locais, onde lles proporcionamos unha plataforma inmellorable para darse a coñecer ao gran público.
Cabe recordar co acceso ao recinto é totalmente #DeBalde.
A A.D.C Esteirana de Carrilanas é unha asociación sen ánimo de lucro.
“Achegamos a Esteiro a mellor música do país sen olvidarnos das bandas locais”
Festival das Carrilanas
Ribeira de Maio, Esteiro, 15240 Muros, A Coruña