Capital Voskov
Había que cambiar. Necesitaban cambiar. Ter un novo nome, con grandes proxectos na mente, con forzas renovadas máis gañas que nunca de sacar música. Víñamos de estar parados en corentena, traballando ideas novas pero sen apenas poder poñelas en común.
Gozar do primeiro concerto baixo esta denominación foi apaixonante. Foi xenial poder volver gozar de tocar, de ver a xente gozar con nós. Sentímonos arroupados polos organizadores, polos técnicos e polo personal de seguridade, un impulso ao futuro.
Tócanos centrarnos en seguir compoñendo e grabando temas que xa se poideron escoitar no último concerto, sacar moita música e tocar, tocar e tocar.
(Capital Voskov)
