Boyanka Kostova son os pioneiros do trap galego. Cibrán García e Chicho do Funk-Ortiga deselvolven o proxecto tomando o nome dunha atleta búlgara, aínda que nacionalizada azerbaiana, que practica halterofilia. É un bo exemplo de que a variedade de influenzas do dúo santiagués non ten límites.
Boyanka Kostova mete na cocteleira da retranca galega, o folklore rexional e os ritmos tradicionais; engadindo sons urbáns, contemporaneos e electrónicos, loops de efectos, samples, caixa de ritmos… O resultado é puro flow rural. Trap da aldea, pero universal.
Unha verbena de pobo exótica coa que os temas álzanse como himnos. Capaces de reinventalo todo, a súa música nacce como resposta a necesidade de explorar e non repetirse; combinando ideas que se retroalimentan entre sí divírtense xogando con sons e rimas. Costumismo de onte e de hoxe para todos os públicos.